Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por poxa aberta das obras de mellora de pavimento no camiño de Carrasqueira.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 22717/250.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de mellora de pavimento no camiño de Carrasqueira.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 8.443.151 ptas.

5. Garantías. Provisionais: 168.863 ptas.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48, fax (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP de Pontevedra.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 4 de decembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

10175