Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 135

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE ANONIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA

BASES da convocatoria de prazas de xerentes de fundacións para o desenvolvemento comarcal.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado polos padroados das fundacións para o desenvolvemento das comarcas de Ordes, Bergantiños, Ortegal, Terra de Melide, Arzúa, Terra de Lemos, A Fonsagrada, A Ulloa, Os Ancares, Terra de Celanova, O Carballiño, Tabeirós-Terra de Montes, O Salnés, O Baixo Miño e a Paradanta, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de

contratación indefinida, 15 prazas de xerentes para facerse cargo da xestión das ditas fundacións.

As condicións específicas do contrato de traballo así como as funcións a realizar polos xerentes de cada fundación estarán a disposición dos interesados na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, sita na estrada Santiago-Noia km 3. A Barcia (Santiago de Compostela).

I. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ser maior de 18 anos.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Acreditar titulación superior ou experiencia demostrable de polo menos dous anos nun posto semellante, indistintamente.

-Dispoñer de carné de conducir.

II. Condicións específicas das prazas:

a) Aptitudes para o posto.

Valorarase:

-Natureza sociable.

-Carácter dinámico.

-Capacidade de traballo.

-Capacidade de liderado.

-Dispoñibilidade para mobilidade xeográfica.

b) Coñecementos específicos para cubrir este posto:

-As regulacións legais que afectan ó modelo de desenvolvemento comarcal.

-Metodoloxías e planificación estratéxica do desenvolvemento comarcal.

-Xestión de programas de desenvolvemento local e creación de emprego.

-Xestión e administración de fundacións de interese galego e de institucións sen finalidade de lucro.

c) Coñecementos complementarios:

-Acredita-lo coñecemento da lingua galega.

-Posuír e acredita-lo coñecemento de informática con nivel de usuario.

III. Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia DNI.

-Currículum vitae, xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación ou experiencia esixida.

-Impreso de solicitude, indicando a fundación á que se presenta.

IV. Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes presentaránse nas dependencias da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, dirixidas ó conselleiro dele

gado desta sociedade, sita na estrada Santiago-Noia, km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela.

-O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

V. Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión seleccionadora publicará as listas previas de admitidos e excluídos, coa motivación da exclusión, se é o caso; establecéndose un prazo de cinco días hábiles para que, por petición do interesado, se poida reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos e fixarase o lugar e a data en que comezarán as probas. Os candidatos deberán asistir provistos de DNI. Estas listas publicaranse no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. As probas de selección consistirán en:

a) Valoración do currículum vitae.

b) Proba tipo test de coñecementos específicos.

Unha vez valoradas as probas anteriores, a comisión de selección publicará no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia a lista provisional dos resultados, e incluirá o lugar e a data en que se realizarán as entrevistas persoais ós cinco candidatos de cada fundación que acaden maior puntuación.

c) Entrevista persoal.

3. Unha vez rematado todo o proceso anterior, a comisión de selección publicará os resultados no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1997.

Andrés Precedo Ledo

Conselleiro delegado da Sociedade Anónima

para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia