Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/207-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. a Travesía de Garabanxa-Oroso.

Situación: Oroso.

Características técnicas: L.M.T. subterránea de 380 m de lonxitude a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que parte da L.M.T. Sigüeiro-Babío-Xuncal expediente 192/1995 e final no C.T. que se construirá 1ª fase travesía de Garabanxa Sigüeiro. C.T. de 400 kVA a 20.000±2,5-5%/398-230 V. Concello de Oroso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10298