Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/412-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Serantes.

Situación: Outes.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,329 km con orixe no apoio anterior á derivación de Serantes e final no apoio s/n seguinte á derivación de Serantes, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. L.M.T. aérea a 20 kV de 0,051 km con orixe no apoio que se intercalará na L.M.T. Pontella-Muíños (expediente 27868) e final no C.T. Serantes, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 100 kVA 20.000/380-220 V en Serantes. L.B.T. aérea de 0,78 km con orixe no C.T. Serantes, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10393