Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/178-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.. R.B.T. Cubelo e Vilar.

Situación: municipio de Frades (A Coruña).

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56 de 75 m, con orixe na liña que alimenta o C.T. Cooperativa Pontecarreira e final no C.T. que se instalará en Cubelo. De 15 m orixe na liña Portodemouros-Pontecarreira e final no C.T. que se instalará en Vilar. Dous centros de trans

formación aéreos de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en Cubelo e Vilar respectivamente. Frades.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10304