Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/387-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: instalación de L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. de Portals.

Situación: Muros.

Características técnicas: liña L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,19 km con orixe nas L.M.T.S. a fábrica de xeo e remata no C.T. de Portals, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. Centro de transformación non prefabricado de 630 kVA 20.000/380-220 V no edificio Portals (Muros). Rede de baixa tension subterránea de 0,34 km con orixe en C.T.C. de Portals en conductor R.V.-0,6/1 kV 4x240 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10300