Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: instalación de L.M.T., C.T. e R.B.T. Sestelos.
Situación: Carnota.
Características técnicas: liña L.M.T. aérea a 20 kV, de 0,086 km, con orixe no apoio nº 30 da L.M.T. Pontella-Alivia e remata no C.T. Sestelos, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón e chapa. C.T. intemperie de 100 kVA 20.000/380-220 V en Sestelos. Liña R.B.T. aérea de 0,275 km con orixe no C.T. Sestelos en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 4 de decembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
10297