Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/380-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S. Cee-Corcubión II, C.T. Corcubión II e R.B.T.

Situación: Cee e Corcubión.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, de 1.785 km, con orixe no C.T. Paseo Marítimo e final no C.T. Corcubión II (novo), en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. L.M.T.S. a 20 kV de 0,26 km con orixe no C.T. Corcubión II (novo) e final na L.M.T. aérea a Fisterra nas inmediacións do cuartel, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. C.T. prefabricado de 250 kVA 20.000/380-220 V, en rúa Campo do Lobo. R.B.T. aérea de 0,165 km, con orixe no primeiro apoio da B.T. á saída do C.T. en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10296