Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 118

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (487/1990).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fai saber que neste xulgado se segue autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 487/1990, seguido por instancia do Banco Exterior de España, representado pola procuradora Ángeles Regueiro, contra David Luna Silva, representado pola procuradora María Jesús Fernández, María del Carmen Castro Taboada e Luna Servicios, S.A., nos cales se acordou sacar a pública poxa, polo termo de vinte días, os ben que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 6 de febreiro, ás 10.30 horas, na sala de audiencias deste xulgado polo tipo de 42.000.000 de pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultara deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 6 de marzo, ás 10.30 horas, na sala de audiencias deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 6 de abril, ás 10.30 horas, na sala de audiencias deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán posturas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -agás o acredor demandante deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0487/90, presentando o xustificante de ingreso.

Sexta.-Non figura nos autos certificación do Rexistro da Propiedade, aínda que si do Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario, de mani

festo na secretaría deste xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poidan esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houbese, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo de remate.

Sétima.-Poderánse facer ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de que houbera de suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalara a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o pedira o acredor ata o momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións que así o acepten e que cubriran coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga, e desexaran aproveita-lo remate outros habedores e sempre pola orde destas.

Undécima.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselles ós debedores, no predio ou predios poxados, e se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa:

A edificación a que logo se fará mérito, construíuse sobre a parcela 1.398-2 da zona de concentración parcelaria do Eixo-Marrozos, neste concello de Santiago de Compostela. A superficie da parcela é de 2.085 metros cadrados, e está cerrada por un muro.

Dista da estrada xeral Santiago de Compostela-Ourense uns 800 metros, sendo a distancia respecto da cidade de Santiago de Compostela de 7 km. A zona de situación é fundamentalmente de tipo agrícola, con escasa edificación e illada do núcleo urbano. Polo referente á edificación non se observa que se trata dun edificio destinado a vivenda composta de planta de soto, planta baixa, piso alto e vivideiro en parte, baixo a súa cuberta:

Dentro da parcela existe unha pequena construcción destinada a grellador e unha piscina. A superficie das plantas baixas e primeira alta supera os trescentos metros cadrados, cada unha das plantas.

Estímase o valor da edificación coa súa parcela en 42.000.000 de pesetas.

O predio obxecto da presente poxa foi dado como de reemprazo xunto con outra para a achega do seguinte predio:

Predio.-No concello de Santiago de Compostela, parroquia de Marrozos, terreo a labradío, no lugar

coñecido por Agra de Vixoi de 11 áreas e 18 centiáreas. Linda: norte, Eugenio Nieto; sur e leste, camiño; oeste, herdeiros de Antonio Sánchez.

No mesmo lugar, predio chamado Patencia, a labradío, dunha superficie de 11 áreas e 5 centiáreas, equivalentes a 45 cuartillos. Linda: norte, herdeiros de Manuel Pereiro; sur, David Luna Silva; leste, muro e camiño de carro e oeste, muro que a sostén e separa dos herdeiros de Dolores Novio e outros.

No mesmo lugar, labradío denominado Chousa de 25 áreas e 8 centiáreas, equivalentes a 96 cuartillos. Linda: norte, muro do predio de Rosalía Adjuar e outros; sur, muro; leste, vía férrea e oeste, labradío chamado Tarreo.

Dado en Santiago de Compostela o vinte de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

10189