Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 07 de xaneiro de 1998 Páx. 119

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (572/1994).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que no devandito xulgado e co número 572/1994, se tramita o procedemento de xuízo executivo por instancia do Banco Pastor, S.A., contra Luis Mario Taboada Devesa e María Rozas Boga, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto de remate teña lugar na sala de audiencias deste xulgado, o vindeiro día 4 de marzo de 1998, ás 10 horas coas seguintes prevencións:

Primeira.-Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segundo.-Os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., nº 1500-17-057294, unha cantidade igual, cando menos, o 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facendo consta-lo número e ano de procedemento, requisito sen o que non serán admitidos; non se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer en calidade de cedérlle-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata que teña lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación do rexistro que suplen os títulos de propiedade, estarán de manifesto na

secretaría do xulgado para seren examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades delas.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o día 6 de abril de 1998, ás 10 horas, para a que servirá de tipo o 75% do que se sinalase para a primeira poxa, sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para que teña lugar a terceira o día 4 de maio de 1998, ás 10 horas, e terá lugar sen suxeición a tipo, debendo consignar quen desexe tomar parte nela, o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese ter lugar a poxa o día e hora xa sinalados, entenderase que terá lugar no seguinte día hábil, á mesma hora, salvante os sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Piso 2º C, situado no ángulo nordés dunha casa no lugar de Campo da Atalaia, en Porto do Son. Ten unha superficie de 60 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 751, libro 104, folio 14, predio 9258. Prezo da taxación: 7.268.920 pesetas.

Casa en Pena Cornada, no lugar de Vieiro de Sar, Santiago de Compostela. Composta de planta baixa e piso alto, con terreo anexo. Mide o conxunto 2.000 metros cadrados, dos que lle corresponde á casa 156. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela nº 1, tomo 1063, libro 98, filio 167, predio 9329. Prezo de taxación: 25.969.157 pesetas.

Vehículo Saba C-5260-N. Prezo de taxación: 100.000 pesetas.

Vehículo Mercedes Benz 190 C-5353-AW. Prezo de tasación: 1.900.000 pesetas.

Vehículo Citroën C-15 C-8982-AM. Prezo de taxación: 450.000 pesetas.

Vehículo IVECO C-4691-BB. Prezo de tasación: 1.500.000 pesetas.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1997.

O/A maxistrado/a-xuíz/a

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

10258