Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 84

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/172-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., aérea 20 kV, C.T. aéreo 100 kVA e R.B.T. en Trabugáns.

Situación: Coristanco. A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 195 m, con orixe na liña Vilares-Sta. Comba (expediente 5462-C) e final en centro de transformación (C.T.) Trabugáns que se instalará. C.T. aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 V. do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 200 m. Concello de Coristanco.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10282