Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Filgueira-Chave.
Situación: Lousame.
Características técnicas: L.B.T. aérea de 2,105 km con orixe no C.T. Bargo, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 1,27 km con orixe no C.T. Chave, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón e fibra de vidrio.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 27 de novembro de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
10283