Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Luns, 05 de xaneiro de 1998 Páx. 83

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado das liñas eléctricas a 20 kV a Couzada e Baldrei/Somoza, cos seus centros de transformación e redes de baixa tensión, no concello de Maceda (Ourense). (Expediente IN407A 97/128-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Emprazamento: Concello de Maceda (Ourense).

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do Plan MEGA.

d) Trazado e datos básicos:

-Liña de media tensión aérea (L.M.T.), de 998 m, en conductor LA-56, derivada desde o apoio nº 13 da L.M.T. a centro de transformación (C.T.) da Costa, con remate no C.T. proxectado en Couzada, de 50 kVA e r/t 20/0,380-0,220 kV; rede de baixa tensión (R.B.T.) con apoios HV/5 e conductor R.Z.

-L.M.T. de 785 m, en conductor LA-56, con orixe na derivación ó C.T. de Celeirón e final no C.T. proxectado en Baldrei/Somoza, de 100 kVA de potencia e r/t 20/0,380-0,220 kV; R.B.T. con apoios tipo HV/2 e conductor R.Z.; R.B.T. cos apoios HV/2 e conductor R.Z.

e) Orzamento: 11.336.180 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 53 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 40/1994.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foron omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, 1-4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 25 de novembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: IN407A 97/128-3 A.T.

Instalación eléctrica: L.M.T., C.T. e R.B.T. Baldrei, Concello de Maceda (Ourense)

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºSuperf.

mLonxitude

mSuperf.

m

6RabizalMonte altoJ. Ramón Sarmiento OteroAsadur, s/n

32708 Maceda

3224794

7RabizalMonte baixoSilvestre González GonzálezCeleirón, 29

32708 Maceda

1576

8RabizalMonte baixoJ. Ramón Sarmiento OteroAsadur

32708 Maceda

624

10RabizalMonte baixoHros. de Eladio González Bermejo (Silvestre González González)Celeirón, 29

32708 Maceda

16170

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºSuperf.

mLonxitude

mSuperf.

m

11RabizalMonte baixoAntonio González Ramos, Sara González Ramosr/ Aureliano Ferreira, 27

32700 Maceda

19219

12RabizalMonte baixoDomingo Díaz Gonzálezr/ Doctor Dou nº 5-4º-1

08001 Vitoria

28370

13RabizalMonte baixoJosé González GómezCeleirón, 12

32708 Maceda

4119276

18RabizalMonte baixoAntonio Mtnez. RodríguezParrocha, 4

32708 Maceda

18110

19RabizalMonte altoHros. de Antonio Mtnez. Urbano (José Mtnez. Campos)r/ Portanet, 22-5º H

36210 Vigo

6256896

20FigueiraMonte altoSerafín Martínez Carballor/ Vilavalencia, 16-2º C

32002 Ourense

901.440

21LeirosMonte altoJosé Carballo RodríguezCeleirón, 19

32708 Maceda

7128448

22LeirosMonte baixoAntonio Blanco Blancor/ Emilia Pardo Bazán, 18-2º I

32004 Ourense

7126416

28LeirosMonte baixoManuel Rodríguez GonzálezSomoza-Asadur

32708 Maceda

92232

21ALeirosMonte baixoSilvestre González GonzálezCeleirón, 29

32708 Maceda

318

Expediente nº: IN407A 97/128-3 A.T.

Instalación eléctrica: L.M.T., C.T. e R.B.T. Couzada, Concello de Maceda (Ourense)

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºSuperf.

mLonxitude

mSuperf.

m

43CaselasMonte baixoCándida Parente DíazSantiago da Costa, s/n

Maceda

29464

70CabazaisLabradíoFrancisco Durán Pérezr/ Emilia Pardo Bazán, 1-4º C

32004 Ourense

684

70ACabazaisLabradíoMiguel A. Durán DofornoEstrada de Vigo, Bl. A 7º C

32001 Ourense

6108

10288