Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 54

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de decembro de 1997, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifican os interesados por resultaren descoñecidos os seus domicilios (expediente de desafiuzamento 53/1997).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do regulamento da VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación

dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, con números que se indican, se iniciaron neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista no apartado 6º do artigo 30 do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde ó seguinte ó de publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este servicio provincial, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de dirección descoñecida, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 1 de decembro de 1997.

Mª Teresa Morán Calero.

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña.

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 53/1997

Adxudicatario: Ramón Rivas Folgar e herdeiros

Último domicilio coñecido: Polígono de Elviña II fase, bloque 2, 3º D

A coruña (C-82/030, conta 36)

10396