Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 55

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOBEIRA

ANUNCIO para a licitación dun contrato de consultoría e asistencia.

Con data do 29 de novembro de 1997 foron aprobados polo Pleno da Corporación, os pregos de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas que rexen o concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da asistencia técnica para a redacción do proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Loberia, os cales se expoñen o público durante o prazo de catro días naturais, desde a publicación do presente anuncio no DOG e no BOP.

Simultaneamente anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1.Entidade adxudicataria

a) Organismo: Concello de Lobeira.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral desta corporación.

2. Obxecto do contrato

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Lobeira.

b) Lugar de execución ou entrega: Concello de Lobeira.

3. Tipo de licitación 3.300.000 pesetas.

4. Duración 1 ano.

5. Fianza Provisional 2% 66.000 pesetas.

6. Fianza definitiva 4% 132.000 pesetas.

7. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

8. Obtención da documentación e información

a) Entidade: secretaría desta corporación, en horario de 9 a 14 horas.

b) Domicilio: Travesía do Toural, número 4.

c) Localidade e código postal: Lobeira, 32850.

d) Teléfonos: 45-85-13/ 45-85-45.

e) Telefax: 45-85-79.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Requisitos específicos do contratista

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non se esixe.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación

a) Data límite de presentación: dentro dos trece días naturais seguintes á inserción deste anuncio no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas particulares que rexen a contratación e conforme o modelo que no citado prego se establece, en sobres pechados ou por correo certificado con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación, mediante telegrama ou telefax.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da corporación. Domicilio e código postal: Travesía do Toural número 4, Lobeira, 32850.

11. Apertura de ofertas

a) Entidade: Concello de Lobeira.

b) Domicilio: Travesía do Toural número 4, Lobeira.

c) Data: ás doce horas do terceiro día habil seguinte a aquel en que remata o prazo de presentación de proposicións, non considerándose hábil para estes efectos os sábados. Se coincidise en sábado ou festivo, reunirase a mesa o primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de publicación: por conta do adxudicatario.

Lobeira, 2 de decembro de 1997.

Emilio Higuero Cardoso.

Alcalde.

ANEXO

MODELO DE PROPOSICIÓN:

Don/Dona..., con domicilio en ..., provincia de..., rúa de ..., en nome (propio ou da empresa que representa, con CIF..., )informado do anuncio publicado no DOG núm..., do día..., de ..., de 199..., e das condicións e requisitos que se esixen para adxudicación dos traballos de ..., comprométese a tomar ó seu cargo a execución destes, con estricta suxeición ós expresados requisitos e condicións polas cantidades que se enumeran a continuación, segundo as solucións sseguintes:

SOLUCIÓN:..., PRAZO EXECUCIÓN:..., CANTIDADE EN LETRA:..., EN NÚMERO:...,

Para tódolos efectos, a presente oferta comprende non soamente o prezo de contrato como tal, senón tamén o imposto sobre a valor engadido (IVE), ó abeiro da lexislación vixente.

Loberia, ... de ..., de 199...,

(Data e sinatura do propoñente).

10500