Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 54

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de decembro de 1997, da Área Provincial da Coruña, polo que se notifica o expediente administrativo de desafiuzamento por infracción da normativa vixente en materia de VPO por resultar descoñecido o domicilio do seu destinatario (expediente 50/1997).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do regulamento da VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso a vivenda, causa prevista no artigo 30.2 do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro e no artículo 138.2 do regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte á publicación desta cédula para a contestación ó prego ante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Trancorrido o dito prazo, darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 1 de decembro de 1997.

Mª Teresa Morán Calero.

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña.

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 50/1997

Adxudicatario: Fernando Rodríguez Martínez e herdeiros

Último domicilio coñecido: Elviña II fase, bloque 17, portal 1, 10º C

A Coruña (Expediente C-40-IV/1976, conta 215)

9837