Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 33

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/219-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación posición liña 66 kV Calvo Sub. Carballo.

Situación: Carballo.

Descricións técnicas: ampliación dunha posición de liña de 66 kV denominada Calvo, na subestación de Carballo, constituída por: pórtico de estructura metálica con xogo de barra simple de cable Condor. Aparamenta eléctrica: seccionador de barras e seccionador de liña de 72,5 kV e 1.600 A, interruptor de liña de 72,5 kV e 2.000 A, transformadores de tensión e intensidade e autoválvulas. Equipos para telemando, control, sinalización e medida. Municipio de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10218