Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 34

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/296-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T.C. en Av. do Portazgo.

Situación: Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T. a 15/20 kV de 0,28 km con orixe no C.T. Alcalde Electo Carballo (O Portazgo) (expediente 16/94) e final no C.T.C. proxectado Av. do Portazgo en conductor R.H.V.-12/20 kV 3(1x240) mm Al. C.T. non prefabricado de 630 kVA 15.000/380-220 V en Av. do Portazgo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10217