Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Venres, 02 de xaneiro de 1998 Páx. 33

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/122-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: cambio de tensión a 20 kV núcleo urbano de Ribeira.

Situación: Ribeira.

Descricións técnicas: cambios de tensión a 20 kV e aumento de potencia dos seguintes centros de transformación en núcleo urbano de Ribeira.

-Instituto, aumento de 250 kVA (expediente 50099); Mod. Puerto aumento a 250 kVA (expediente 51099); Merca Nuevo, mesma potencia (expediente 30705); Agro do Río, mesma potencia (expediente 52179); Escorial, aumento a 630 kVA (expediente 50829); instituto FP (particular) mesma potencia; Fábrica xeo (particular) mesma potencia; Frigoríficos do Campo (particular) mesma potencia; Sarasquete, aumento a 630 kVA (expediente 24696); Caixa Aforros aumento a 1.000 kVA (expediente 29652); Pombal-Civei, aumento de 400 kVA (expediente 26429); Atanes, aumento a 630 kVA (expediente 52056); Gude aumento a 400 kVA (expediente 50878); Escuela Náutica (particular), mesma potencia; Cooperativa del Mar (particular), mesma potencia; Frinsa (particular), mesma potencia; García Bayón, aumento de 400 kVA (expediente 51099); edificio Colomeer, aumento a 400 kVA (expediente 200/95); Areal, aumento a 400 kVA (expediente 51318); Confraría de Pescadores (particular), mesma potencia; Busson (particular), mesma

potencia. Municipio de Ribeira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 20 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10214