Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de novembro de 1997, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica o expediente administrativo de desafiuzamento por infracción da normativa vixente en materia de VPO por resultar descoñecido o domicilio do seu destinatario (expediente 48/1997).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do regulamento da VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso a vivenda, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó prego ante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase pro evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 20 de novembro de 1997.

Mª Teresa Morán Calero.

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña.

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 48/1997

Adxudicatario: Manuel Lage Manteiga.

Último domicilio coñecido: r/Castiñeiras de Abaixo, 23, portal 3, planta 1º B (A Coruña). (Expediente C-85/080, conta 25).

9675