Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de novembro de 1997, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, por resultaren decoñecidos os seus domicilios, acordo de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 19/1997 e VP-C 20/1997.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados os acordos de incoación dos correspondentes expedientes sancionadores, cos números que se indican, se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do benficiario, causa prevista no artigo 5.c da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria destes a Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concédenselles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para facer cantas alegacións crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso,práctica de probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de dirección descoñecida en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 25 de novembro de 1997.

Mª Teresa Morán Calero.

Xefa da área provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

VP-C 19/1997

José Antonio Ramos Gómez

r/Fonte Balsa, urbanización Río Ramallal, bloque 1, P-2, 2ºD

Vilaboa-Culleredo.

VP-C 20/1997

Manuel López Arraña

r/Fonte Balsa, urbanización Río Ramallal, bloque 1, P-2, 2ºE

Vilaboa-Culleredo.

10484