Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.625

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 15 de decembro de 1997 pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos do Plan Autonómico de Formación de Formadores de formación profesional ocupacional de 1998.

O Art. 3 do Decreto 424/1996, do 21 de novembro, polo que se regula o Plan Autonómico de Formación

de Formadores de formación profesional ocupacional establece que a programación de cada provincia dos cursos incluídos no antedito plan será aprobado polos delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no último trimestre de cada ano, publicándose, no mes de decembro, por orde desta.

Aprobada xa a programación de cursos de cada provincia, procédese agora á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento daquel mandado regulamentario, e á apertura da convocatoria pública para a presentación das solicitudes para participar neles, así como á normalización do modelo que se vaia utilizar.

Como novidade na programación de 1998 inclúese, por primeira vez, a programación de accións formativas complementarias a través da impartición de cursos monográficos que, aínda que se programen nunha provincia concreta, se ofertan a tódolos formadores da Comunidade Autónoma que previamente realizaran o de metodoloxía didáctica de 150 horas.

Por outra banda, o propio decreto remite a unha orde o establecemento dos requisitos e criterios que se terán en conta para a selección dos asistentes ós cursos.

Consecuentemente, conforme todo o anterior, consultado o Consello Galego de Ensinanzas Técnico Profesionais e o Consello Galego de Relacións Laborais, en exercicio das facultades que me confire o art. 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Programacións provinciais.

1. Os cursos de formación básica e complementaria que, dentro do Plan Autonómico de Formación de Formadores de formación profesional ocupacional, se impartirán durante o exercicio de 1998 en cada provincia serán os publicados como anexos I e II respectivamente á presente orde.

2. A convocatoria dos cursos de metodoloxía didáctica que se celebrarán en cada provincia deberá difundirse mediante anuncio nun dos diarios de maior circulación da provincia e a través da súa exposición nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais da consellería, das oficinas de emprego, nos centros de formación profesional ocupacional e nos centros colaboradores en materia

de formación ocupacional. Os cursos monográficos deberán publicarse, ademais, en diarios de difusión autonómica.

3. A programación recollida na presente orde poderá modificarse, á vista das solicitudes presentadas, por resolución dos respectivos/as delegados/as provinciais e deberán ser publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2º.-Solicitudes.

1. Os interesados en participar nalgunha das accións previstas no artigo anterior deberán presenta-la súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo III á presente orde, na delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude correspondente á provincia da súa residencia, agás no suposto de cursos monográficos, que se solicitarán na delegación provincial que programe a súa impartición.

2. Coa solicitude deberá xuntarse a documentación acreditativa dos requisitos sinalados no artigo seguinte.

3. As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte á publicación da presente orde e ata 20 días hábiles antes da data de celebración de cada curso programado.

Artigo 3º.-Requisitos e criterios de selección de alumnos.

1. Para a selección dos asistentes ós cursos de metodoloxía didáctica de entre os formadores dos centros colaboradores, será necesario o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión da titulación académica esixida nos correspondentes programas validados polo Consello Xeral de Formación Profesional ou, en caso de non existiren os anteditos programas, F.P.II ou equivalente e ter 2 anos de experiencia profesional na especialidade ou especialidades nas que o aspirante imparte cursos, acreditada a través de certificación oficial de vida laboral acompañada de copia do contrato ou de certificado de empresa que acredite as tarefas realizadas.

b) Dispoñer de graduado escolar ou titulación equivalente e un mínimo de 5 anos de experiencia profesional na especialidade ou especialidades nas que o aspirante imparte cursos, acreditada na forma prevista na alínea anterior.

2. Co fin de establece-la orde de prelación dos candidatos, valoraranse os seguintes aspectos:

a) A experiencia profesional durante os últimos dez anos na especialidade ou especialidades nas

que o aspirante imparte cursos, valorándose con tres puntos cada ano acreditado na forma prevista no parágrafo primeiro.

b) As aptitudes e actitudes pedagóxicas dos aspirantes, que serán valoradas de cero a tres puntos a través da realización das probas pertinentes polos técnicos integrantes da rede de formación de formadores.

c) A impartición de cursos de formación ocupacional, valorándose medio punto por cada cincuenta horas impartidas, acreditada a través de certificación do responsable das entidades impartidoras.

3. Para a asistencia ós cursos monográficos será requisito imprescindible ter realizado o de metodoloxía didáctica de 150 horas e na selección dos asistentes teranse en conta os criterios sinalados nas alíneas a) e c) do parágrafo anterior.

4. A selección definitiva dos alumnos asistentes ós cursos realizarase por resolución do/a respectivo/a delegado/a provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e notificaráselles persoalmente ós interesados.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente disposición.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

PROGRAMACIÓN CURSOS METODOLOXÍA DIDÁCTICA 1998

Clave

de

curso

Localidade

Datas

Horario

C-1Santiago de CompostelaFebreiro-marzoMañás
C-2Santiago de CompostelaAbril-maioMañás
C-3Santiago de CompostelaXuño-xulloMañás
C-4Santiago de CompostelaOutubro-novembroTardes

Clave

de

curso

Localidade

Datas

Horario

C-5BoiroFebreiro-marzoMañás
C-6BoiroFebreiro-marzoTardes
C-7CarballoAbril-maioMañás
C-8CarballoXuño-xulloTardes
C-9A CoruñaFebreiro-marzoTardes
C-10A CoruñaFebreiro-marzoMañás
C-11A CoruñaXuño-xulloMañás
C-12FerrolFebreiro-marzoMañás
C-13FerrolAbril-maioTardes
C-14FerrolXuño-abrilTardes
LU-1LugoFebreiro-marzoMañás
LU-2LugoMaio-xuñoTardes
LU-3LugoMaio-xuñoTardes
LU-4LugoOutubro-novembroMañás
LU-5LugoOutubro-novembroMañás
OU-1OurenseFebreiro-abrilMañás
OU-2OurenseFebreiro-abrilTardes
OU-3OurenseMaio-xuñoMañás
OU-4OurenseMaio-xuñoTardes
OU-5OurenseXullo-outubroMañás
OU-6OurenseXullo-outubroTardes
OU-7OurenseNovembro-decembroMañás
OU-8OurenseNovembro-decembroTardes
PO-1VigoFebreiro-marzoMañás
PO-2VigoFebreiro-abrilMañás
PO-3VigoFebreiro-marzoTardes
PO-4PontevedraFebreiro-marzoMañás
PO-5Vilagarcía de ArousaFebreiro-marzoMañás
PO-6VigoAbril-xuñoMañás
PO-7TuiAbril-xuñoTardes
PO-8PontevedraAbril-xuñoTardes
PO-9VigoMaio-xulloMañás
PO-10VigoSetembro-outubroMañás
PO-11VigoOutubro-decembroMañás
PO-12Lalín-A EstradaOutubro-decembroTarde

ANEXO II

PROGRAMACIÓN CURSOS MONOGRÁFICOS 1998

Clave

de

curso

Localidade

Datas

Horario

LU-M1LugoXaneiro-febreiroMañás
LU-M2LugoAbrilMañás
LU-M3LugoOutubro-novembroMañás
PO-M1VigoAbrilMañás
PO-M2VigoSetembroMañás
PO-M3VigoOutubroMañás
PO-M4VigoNovembroMañás

LU-M1, LU-M2 e LU-M3 «Avaliación» 40 horas.

PO-M1: «Vídeo e diaporama» 40 horas.

PO-M2: «Confección de material didáctico con programa informática» 40 horas.

PO-M3: «Comunicación didáctica» 20 horas.

PO-M4: «Habilidades sociais e autoestima» 20 horas.

10389