Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 31 de decembro de 1997 Páx. 12.629

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1997 pola que se dictan instruccións para a constitución das comisións de valoración de méritos dos apartados e), f) e g) dos participantes no concurso de traslados de mestres convocado por Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro).

En aplicación do disposto na disposición décima das normas comúns ás convocatorias previstas na Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro), esta dirección xeral,

RESOLVE:

Para a valoración dos méritos previstos nos apartados e), f) e g) do baremo do concurso de traslados de mestres en cada delegación provincial constituirase unha comisión, por cada 1.000 solicitantes, integrada polos seguintes membros, designados polo delegado provincial correspondente:

Un inspector do Servicio Provincial de Inspección Técnica de Educación, que actuará como presidente.

Catro funcionarios dependentes da delegación provincial, que actuarán como vocais.

Actuará de secretario o vocal de menor idade.

Así mesmo, poderá asistir ás comisións de valoración un representante de cada organización sindical con presencia na Mesa Sectorial Docente non universitaria, que actuará con voz e sen voto.

Os membros das comisións deberán pertencer a un grupo de titulación igual ou superior ó esixido para os postos convocados.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1997.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

10422