Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.534

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 476/1997, do 12 de decembro, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, duns terreos de once mil cincocentos oitenta metros cadrados de superficie, sitos na marxe esquerda da rúa Poeta Añón, do concello de Serra de Outes, A Coruña, para a construcción dun centro de ESO.

O Concello de Serra de Outes adoptou, o 23 de marzo de 1995 e o 29 de outubro de 1997, acordos plenarios de cesión á Comunidade Autónoma de Galicia duns terreos de once mil cincocentos oitenta metros cadrados de superficie para a construcción dun centro de ESO.

Conforme os artigos 17.1 da Lei 3/85, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1 da mesma lei e 38.1 do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda, feita nos termos nos que a Deputación Provincial da Coruña acordou a cesión, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nos termos dos seus acordos, acéptase a cesión gratuíta duns terreos de once mil cincocentos oitenta metros cadrados que a seguir se describen: rústica, a labradío, e parte urbana, no sitio de Canliña, Leira da Estivada, Estivada, Canliña de Abaixo, Canliña de Arriba, Herbaliño, Pandeiro da Estivada, Agro Vello, e Pozo. Radica nos termos do lugar da Cruz, pertencente á vila e municipio de Outes, e mide once mil cincocentos oitenta metros cadrados, sitos no lugar da Canliña, rúa Poeta Añón, termo municipal de Serra de Outes (A Coruña), que linda: norte, camiño público de pé, Anuncia Molinos Barreiro, Constantino García Lago, José Manuel Lage Rodríquez, María del Carmen Paz Arcos e Manuel Domingo González Baña; sur, Constantino García Lago, Vicente Blanco Ponte, Amelia López Vázquez, Vicente Abelleira Núñez e o Concello de Outes; leste, rúa Poeta Añón e, en parte, José Manuel Lage Rodríquez, Vicente Blanco Ponte, Amelia López Vázquez e Vicente Abelleira Núñez; e oeste, camiño público

de Bousa Cubela e, en parte, Anuncia Molinos Barreiro.

O dito inmoble é resultante da agrupación de 14 predios segundo consta en escritura pública outorgada o 3 de novembro de 1997 ante o notario da Coruña, con residencia en Noia, José Manuel Amigo Vázquez con número 2431 do seu protocolo.

O fin da cesión é a construcción no inmoble cedido dun centro de ensino secundario obrigatorio.

Artigo 2º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición dos terreos cedidos no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

10485