Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 475/1997, do 12 de decembro, de modificación do Decreto 242/1997, do 25 de agosto, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo de 15.000 m sito na zona do Marco (Melide), feita polo Concello de Melide a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro público de educación secundaria.

Unha vez publicado o Decreto 242/1977, do 25 de agosto, advertiuse que a superficie aceptada de

15.000 m non se correspondía unicamente co predio descrito no seu artigo 1.

Logo da incorporación ó expediente da certificación literal do acordo do Pleno do Concello de Melide, resulta que a superficie cedida comprende tamén os predios inscritos no Rexistro da Propiedade de Arzúa no libro 91, tomo 537, folios 76 e 79, números 16420 e 16422.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, de réxime xurídico de administracións públicas e procedemento administrativo común, e nos termos da proposta da Consellería de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de decembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 1 do Decreto 242/1997, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo de 15.000 m sito na zona do Marco (Melide), feita polo Concello de Melide a favor da Comunidade Autónoma para a construcción dun centro público de educación secundaria, publicado no DOG nº 176, do 12 de setembro de 1997, que queda redactado como segue:

«Artigo primeiro.-Acéptase a cesión gratuíta dun terreo de 15.000 m sito no Concello de Melide e integrado pola suma da superficie dos seguintes predios:

-Chousa coñecida co nome Da Casqueira, cunha superficie dunha hectárea, trinta e catro áreas e noventa e catro centiáreas, que linda: norte, chousa de herdeiros de Antón Ron; leste, de José Casal; sur, herdeiros de Manuel Segade; e oeste, herdeiros de Manuel Taboada. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa cos seguintes datos rexistrais: libro 91, tomo 537, folio 77, nº 1856.

-Pasto e monte baixo chamado Chousa do Marco, cunha superficie dunha área e seis centiáreas, que linda: norte, Pacita Portos Ares, hoxe irmáns Porto Roca; e oeste, Jesús Buján e Ramona Roca. Inscrita no libro 91, tomo 537, folio 76, nº 16420.

-Chousa coñecida polo nome Do Marco ou Das Latas, de catorce áreas, que linda: norte, Hernando Vázquez Irago e Mercedes Rodríguez Vázquez; sur, Ricardo Porto Rodríguez; leste, Ezequiel Parrado Sampedro e herdeiros de Celestino Rodríguez, e oeste, herdeiros de Perfecto Lago e de Taboada de Pezobre. Inscrita no libro 91, tomo 537, folio 79, nº 16422».

Santiago de Compostela, doce de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

10433