Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.533

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 1997 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia sobre separación do servicio da funcionaria María Jesús Ramona Iglesias Alba.

Instruído expediente disciplinario a María Jesús Ramona Iglesias Alba, funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, transferida á Comunidade Autónoma de Galicia, e elevado á consideración do Consello da Xunta, este, en reunión celebrada o día 6 de novembro de 1997, adoptou o seguinte,

ACORDO:

«Impoñe-la sanción de separación do servicio a María Jesús Ramona Iglesias Alba, funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, con documento nacional de identidade nº 10.522.185, por considerala autora dunha falta moi grave das comprendidas no artigo 3º do Decreto 94/1991, do 21 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia».

Contra o devandito acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956, logo de comunicalo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

10386