Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/444-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Petis-Loureiro.

Situación: concello de Bueu.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio número 66 da L.M.T. Cangas-Bueu alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en Petis-Loureiro, rematando no apoio número 68 a substituír da mesma liña, concello de Bueu. C.T. de 400 kVA, relación de tranformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 12 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9916