Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/79-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáen Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: modificado de proxecto: L.M.T.S. Iberduero-Padre Feijoo.

Situación: A Rúa.

Descricións técnicas: liña de M.T. a 20 kV de 400 metros de lonxitude en conductor R.H.V-12/20 kV. Orixe no C.T. Iberduero e final no C.T. da r/ Pedro Feijoo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de novembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9907