Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/125-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáen Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. Avda. de Galicia (Coren) San Cibrao das Viñas.

Situación:

Descricións técnicas: liña a 20 kV, subterránea de 360 m en conductor R.H.V.-12/20, derivada desde a liña que cingue ós CC.TT. nº 4 e 5 do parque tecnolóxico, e remata no centro de entrega de enerxía de Coren no citado parque.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 31 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9914