Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/120-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáen Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. e R.B.T. de Vilarderrei.

Situación: Trasmiras.

Descricións técnicas: liña a 20 kV de 1.395 m de lonxitude en conductor LA-56 e apoios de formigón, con orixe no apoio derivación da L.M.T. ó C.T. San Andrés e rematará no C.T. existente en Viladerrei. Rede de B.T. en conductor R.Z. no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9923