Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáen Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Pías.
Situación: Maceda.
Descricións técnicas: liña a 20 kV de 1.031 m lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, derivada desde o apoio nº 3 da L.M.T., a Teixeira e con final no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, 20.000/380-220 V en Pías. Rede de B.T. en Pías.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 30 de outubro de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
9924