Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/119-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáen Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilamaior.

Situación: Verín (Ourense).

Descricións técnicas: liña M.T. aérea, a 20 kV, en conductor LA-56 de 192 m de lonxitude, en apoios de formigón, derivada desde o apoio H.V.H. de entronque o C.T. existente en Vilamaior, e remata no apoio nº 3 con paso aéreo soterrado da L.M.T. proxectada a C.T.-Vilamaior. Liña M.T. soterrada, a 20 kV, en conductor R.H.V. 12/20 kV-3x95 Al, de 265 m de lonxitude, derivada desde o apoio nº 3 con paso aéreo-subrerráneo, e remata no C.T. proxectado a pé de posto en Vilamaior, con 160 kVA, R.D.T. 20.000/380-220 V e rede baixa tensión, de 1.902 m, en conductor R.Z., para Vilamaior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9922