Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/118-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáen Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Chaguazoso-Cádavos.

Situación: A Mezquita.

Descricións técnicas: liña de M.T. A Mezquita-Cádavos-Castromil, aérea, de 9.362 m, a 20/15 kV e conductor LA-56 sobre apoios de formigón, con orixe no apoio derivación ó C.T. de San Martín da Mezquita e final no C.T. existente en caseta de Castromil. Desde os apoios nº 27, 51 e 74 partes cadansúas liñas aéreas das mesmas características e seguintes lonxitudes respectivamente: 50, 1.206 e 284 m, que finalizarán no apoio derivación da líña a Chaguazoso e Esculquiera, no apoio derivación a Manzalvos e no apoio derivación da liña a Castromil. Redes de baixa tensión en Cádavos e Chaguazoso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9921