Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/115-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáen Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilamartín, Penouta.

Situación: Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Descricións técnicas: liña M.T. aérea, a 20 kV, de 94 m de lonxitude, en apoios de formigón, conductor LA-56, derivada desde o apoio, sen numerar, da L.M.T. existente en Arcos-Correxais e remata no C.T. aéreo proxectado en Penouta con 50 kVA, R.D.T. 15000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea de 160 m de lonxitude, do C.T. proxectado de Penouta, en conductor R.Z.; liña de baixa tensión aérea de 225 m de lonxitude, en conductor R.Z. do C.T., existente en caseta de Vilamartín I; e liña de baixa tensión aérea, de 763 m de lonxitude, en conductor R.Z., do C.T. Existente en caseta de Vilamartín II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9918