Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/116-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáen Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. e R.B.T. Amoeiro, Taborelas e Souto.

Situación: Amoeiro.

Descricións técnicas: dúas liñas aéreas a 20 kV en conductor LA-56 derivadas desde os apoios nº 42 e 26, respectivamente, da L.M.T. a Tamallancos; de 96 m de lonxitude ata o C.T. de Torre, e de 70 m ata o C.T. grupo escolar. Substitución do C.T. grupo escolar. Redes de B.T. en conductor R.Z. de A Igrexa e Codeseda 1, do C.T. Souto, Taborelas e Codesada 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

9919