Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación San Martín, nos concellos de Silleda e A Estrada, por parte de Explotación Minera Campomarzo, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Explotación Minera Campomarzo, S.A., con domicilio en Avda. Buenos Aires, 81, Lalín, presentou nesta delegación provincial, o día 5 de febreiro de 1996, instancia-solicitude do permiso de investigación San Martín, de 33 cuadrículas mineiras para recursos da sección C), que se sitúa nos termos municipais de Silleda e A Estrada da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2718 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 20' 00''42º 47' 00''

Vértice 28º 20' 00''42º 45' 00''

Vértice 38º 22' 00''42º 45' 00''

Vértice 48º 22' 00''42º 46' 40''

Vértice 58º 21' 00''42º 46' 40''

Vértice 68º 21' 00''42º 47' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 9 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9917