Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.512

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (133/1996).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión e o seu partido xudicial.

Fai saber que neste xugado se seguen autos de xuízo de separación 133/1996, por instancia de Margarita Lema Suárez, contra Domingo González González e intervención do Ministerio Fiscal; nos autos, por resolución do día da data, acordouse notificarlle ó referido demandado, por edictos, a sentencia recaída nas presentes actuacións, que na parte dispositiva di:

«En Corcubión o oito de xaneiro de mil novecentos noventa e sete. Zulema Gento Castro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta vila, pronuncia en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

Vistos os precedentes autos de separación conxugal (Disp. 5ª), seguidos neste xulgado baixo o número 133/1996, polos trámites da disposición adicional quinta da Lei 30/1981, do 7 de xullo, en virtude de demanda formulada polo procurador García Rodríguez, en representación de Margarita Lema Suárez, asistido polo letrado Fernández López, designados en quenda de oficio, contra Domingo González González, en rebeldía procesual, e contra o Ministerio Fiscal, recaeu neles a seguinte resolución:

Decido que, estimando no seu pedimento principal a demanda presentada pola representación de Margarita Lema Suárez, debo acorda e acordo a separación do matrimonio contraído entre a citada e Domingo González González, con tódolos efectos legais inherentes e, en especial, os seguintes:

I. Os fillos menores quedarán en compañía e baixo a custodia da nai, aínda que a patria potestade continuará a ser exercida por ámbolos proxenitores.

II. Recoñéceselle ó pai o dereito a visitar, ter na súa compañía e comunicarse con seus fillos menores nos termos establecidos na presente resolución.

III. En concepto de contribución ás cargas do matrimonio, incluídos os alimentos debidos ós fillos, o González González aboaralle a Margarita Lema Suárez a cantidade de corenta e cinco mil pesetas, a cal se actualizará anualmente de acordo co índice de prezos de consumo que estableza o Instituto Nacional de Estatística ou organismo equivalente, por mensalidades anticipadas na conta que designou a esposa na súa demanda.

IV. A vivenda conxugal quedará en uso do esposo.

V. Acórdase a disolución da sociedade de gananciais, que se poderá liquidar en execución de sentencia, se así o solicita algunha das partes.

VI. Non se fai especial pronunciamento en materia de custas.

Firme esta resolución, remítaselle testemuño dela ó encargado do Rexistro Civil de Zas co fin de se practica-la correspondente inscrición marxinal no asento da inscrición do matrimonio. Notifíqueselles ás partes en forma legal, facéndolles saber que esta resolución non é firme e que contra ela se poderá interpor, ante este xulgado, no prazo de cinco días contados desde a súa notificación, recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña setencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. A xuíza».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación en legal forma ó demandado, en situación procesual de rebeldía, expido, selo e asino o presente edicto en Corcubión o trece de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9286