Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.508

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 9 de decembro de 1997 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 244, do 18 decembro de 1997, cómpre face-las seguintes correccións no anexo I:

-No posto nº 1, AG.A01.00.000.15770.013, xefe de sección Xestión Económica e Tesourería, onde di: «Méritos específicos: experiencia en xestión de fondos FEOGA», debe dicir: «Requisito imprescindible: experiencia en xestión de fondos FEOGA».

-No posto nº 1093, SA.S06.00.003.15770.035, onde di: «Méritos específicos: licenciado en Ciencias Económicas ou Empresariais», debe dicir: «Requisito imprescindible: licenciado en Ciencias Económicas ou Empresariais».

Engadi-los postos seguintes:

Posto

Código postoNivelComplemento

específico

GruposCorpo/

escala

DenominaciónDependenciaLocalidade

1188FAC991000015001024241.016.244A/B/CXeralXefe Sección de

Colocación

Servicios periféricosA Coruña
1189OTA99100002700103022 786.756A/B/CXeral

especial

Inspector vivendaIGVS/Áreas

provinciais

Lugo
1190OTA99100003600103022 786.756A/B/CXeral

especial

Inspector vivendaIGVS/Áreas

provinciais

Pontevedra

10432