Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.509

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se resolve o concurso de traslado entre funcionarios pertencentes ó corpo de médicos forenses convocado por Resolución do 31 de outubro de 1997.

Visto o expediente instruído para a provisión en concurso de traslado de forensías e agrupacións de forensías vacantes, anunciado por resolución da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, do 31 de outubro de 1997, publicada no BOE do 13 de novembro de 1997, e a Resolución do 18 de novembro pola que se rectificaban erros, publicada no BOE do 22 de novembro, e de conformidade co establecido nos artigos 455 e 500.1º da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, Real decreto 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses e Real decreto 1619/1997, do 24 de outubro, polo que se modifica o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses. A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear para os destinos que se indican os médicos forenses que en anexo se relacionan que, reunindo as condicións legais, ostentan dereito preferente.

Segundo.-Declarar desertas aquelas prazas convocadas no concurso que non sexan cubertas por un titular.

Terceiro.

1. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será dun mes mais, cando non implique cambio de residencia, deberá efectuarse nos tres días hábiles seguintes o do cesamento.

2. O prazo para a toma de posesión comezará a se contar a partir do día seguinte ó cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Boletín Oficial del Estado.

3. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a devandita publicación.

Cuarto.-O traslado do funcionario que se atope no desfrute do período vacacional, permisos ou licencias de enfermidade e embarazo terá efectividade

a partir da finalización deste. O día da súa incorporación cesarán no seu anterior destino dispoñendo, a partir dese momento, de tres días hábiles ou un mes, de pazo posesorio.

Quinto.-Recursos: contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, logo da comunicación a este centro de acordo co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado, do 20 de agosto de 1993).

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

ANEXO

1. Blanco Pampín, José Manuel, co DNI nº 33.235.920.

Destino anterior: 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Padrón e Ribeira.

Destino adxudicado: 1ª Instancia e Instrucción nº 3 e 4 de Santiago de Compostela.

2. Morandeira Carreira, Eulogio, co DNI nº 33.846.214.

Destino anterior: 1ª Instancia e Instrucción nº 1 e 5 de Lugo.

Destino adxudicado: Instrucción nº 5 e Vixilancia Penitenciaria da Coruña.

3. de la Fuente Pérez, Mª José, co DNI nº 34.912.723.

Destino anterior: 1ª Instancia e Instrucción nº 1 e 2 de Cangas e Marín.

Destino adxudicado: 1ª Instancia e Instrucción nº 3 e 6 de Ourense.

4. González Sagrado, José Fidel, co DNI nº 7.860.742.

Destino anterior: 1ª Instancia e Instrucción de Bande, Celanova e Xinzo de Limia.

Destino adxudicado: 1ª Instancia e Instrucción nº 2 e 5 de Ourense.

10421