Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña eléctrica a 220 kV, dobre circuíto, San Pedro-Santo Estevo, San Pedro-Velle. (Expediente 973/A.T.-modificado).

Vistos os escritos e a documentación presentados pola empresa Iberdrola, S.A., con domicilio para efectos de notificación en Bilbao, r/ Gardoqui nº 8, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 25 de setembro de 1996 a citada empresa solicitou a autorización administrativa das instalacións descritas no proxecto de execución: modificación da traza inicial da liña a 220 kV San Pedro-Santo Estevo, desde a central hidroeléctrica de San Pedro ata o apoio nº 4, a declaración de utilidade pública e a aprobación do citado proxecto.

Acompañan o preceptivo proxecto de instalacións ós que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalación eléctrica e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 52 da Lei 40/1996, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Modificación da liña de 220 kV que vai desde a central hidroeléctrica de San Pedro a Santo Estevo (Nogueira de Ramuín), propiedade de Iberdrola, S.A. consistente en pasar a dobre circuíto desde o treito inicial ata o apoio 4 para lle dar saída conxunta á futura liña San Pedro-Velle, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; sendo as súas características técnicas as seguintes: tensión 220 kV, lonxitude 717 m, apoios metálicos, conductor Al-Ac tipo RALL cable de terra tipo Ac 50, con fibra óptica incorporada.

Segundo.-O citado proxecto de instalación someteuse a información pública, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense do 25-9-1996, publicándose no DOG do 27-11-1996, BOP de Ourense do 26-11-1996, diario La Región do 14-11-1996, BOE do 19-11-1996, no taboleiro de anuncios do Concello de Nogueira de Ramuín e no da Delegación Provincial de Ourense; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, excepto ó propietario do predio nº 5 que, por ser descoñecido, se deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Durante o período legalmente establecido non se percibiron alegacións.

Terceiro.-Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial de Ourense, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 do título IX da Lei 40/1994.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, no Decreto 209/1990, do 15 de

marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctrica e a Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctrica de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º Autoriza-la modificación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV San Pedro-Santo Estevo, desde a central hidroeléctrica de San Pedro ata o apoio nº 4.

2º Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3º Aproba-lo proxecto de execución da citada instalación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9866