Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: C.T. e R.B.T. Vinquiño.
Situación: Sanxenxo.
Descricións técnicas: C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V, en Vinquiño, concello de Sanxenxo. R.B.T. subterránea, de 260 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 12 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9867