Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.452

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (297/1997-3).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de declarativo menor contía número 297/1997-3, seguidos neste xulgado por instancia de Trinidad Baloiras Fuentes, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Manuel Freire Tomé e outro, S.C. e herdanza xacente e herdeiros decoñecidos de Manuel Freire Tomé; emprázanse os demandados Manuel Freire Tomé e outro, S.C. para que no termo de dez días comparezan en autos, en legal forma con avogado que os defenda e procurador que os represente, coa prevención de que se non comparecen serán declarados en rebeldía e recaerá sobre eles o prexuízo ó que haxa lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ós demandados, Manuel Freire Tomé e outro, S.C., expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o catro de decembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

9799