Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1997, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia polo procedemento negociado sen publicidade e trámite ordinario.

Esta Secretaría Xeral para o Turismo, en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fai pública a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia polo procedemento negociado sen publicidade e tramitación ordinaria, para a realización dun inventario de recursos turísticos (turismo rural e balnearios) en distintos concellos de Galicia.

-Sistema de adxudicación: negociado sen publicidade e trámite ordinario.

-Importe: seis millóns oitenta mil pesetas (6.080.000 ptas.), IVE incluído.

-Adxudicatario: FEUGA.

-Data de adxudicación: 31-10-1997.

Santiago de Compsotela, 24 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

9964