Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.452

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (276/1997-3).

En virtude do acordado por este xulgado nos autos de xuízo de cognición nº 276/1997-3, promovidos por Renault Financiaciones, S.A., establecemento financeiro de crédito, contra Jaime Ramón Asensi Cabirta e Marina Natalia Fariñas de Alba, sobre reclamación de cantidade, por medio da presente cédula cítase a Jaime Ramón Asensi Cabirta, co fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día 20 de xaneiro de 1998, ás 10 horas; para este efecto deberá concorrer cos medios de proba dos que intente valerse.

E para que lles sirva de citación en forma ós mencionados demandados e a súa publicación no Diario

Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1997.

O secretario

Rubricado

9967