Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.437

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de decembro de 1997 pola que se regula o funcionamento das comisións de avaliación do rendemento.

O Decreto 115/1997, do 2 de maio, polo que se desenvolve o artigo 63 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, sobre avaliación do rendemento das unidades administrativas, estableceu a composición e as liñas xerais sobre o funcionamento das comisións de avaliación, e a súa concreción, en todos aqueles aspectos requiridos para a súa aplicación práctica, correspóndelle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública, de acordo coa disposición derradeira primeira do dito decreto.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-Esta orde ten por obxecto desenvolve-lo procedemento establecido no artigo 7 do Decreto 115/1997, do 2 de maio, sobre o funcionamento das comisións de avaliación.

Segundo.-Corresponde á comisión central de racionalización administrativa, dentro do mes de xaneiro de cada ano, proceder á convocatoria anual da reunión constitutiva das comisións de avaliación.

Terceiro.-As comisións de avaliación na súa reunión constitutiva adoptarán os seguintes acordos:

1. Aprobar, por proposta da Inspeción Xeral de Servicios, o calendario de reunións para realiza-la avaliación das unidades que teñan asignadas.

2. O presidente da comisión ordenará ó seu secretario que dea traslado ós responsables das unidades avaliadas así como ós delegados /directores provinciais/territoriais, cando se trate de unidades provinciais, e ós subdirectores xerais que non sexan directamente avaliados respecto das unidades deles dependentes, dos informes elaborados pola Inspección Xeral de Servicios, para os efectos de presentaren as alegacións que consideren oportunas nun prazo máximo de 15 días. As alegacións presentadas deberán remitírselle ó secretario da comisión respectiva.

Cuarto.-O secretario da comisión trasladará as alegacións presentadas polas unidades á Inspección Xeral de Servicios para o seu estudio e informe.

Quinto.-O secretario da comisión poñerá á disposición do presidente e do resto dos seus membros os informes de avaliación, as alegacións das unidades e as respostas a estas alegacións presentadas pola Inspección Xeral de Servicios, cunha antelación mínima de cinco días hábiles á data da sesión na que se vaia proceder á súa cualificación.

Sexto.-Para mellor resolver, o presidente da comisión podrá requeri-lo inspector de Servicios autor do informe de avaliación ou ó responsable da unidade para aclarar calquera aspecto que considere oportuno.

Sétimo.-A cualificación da actuación da unidade realizarase tomando como base o informe da Inspección Xeral de Servicios sobre o nivel de cumprimento dos obxectivos de mellora e evolución das cargas de traballo dispostas na matriz de resultados, logo da consideración das alegaciónss presentadas polas unidades e os informes sobre estas elaborados pola Inspección Xeral de Servicios.

O valor alcanzado na matriz de resultados poderá modificarse como máximo en 3 graos, en máis ou en menos, segundo concorran algúns dos seguintes factores ou circunstancias:

1. Atención ó público conflictiva, que medirá a dificultade da atención ó público, en ningún caso a súa cantidade ou volume.

A esta circunstancia outorgaráselle unha puntuación de 100 puntos.

2. Dispersión xeográfica das oficinas da unidade administrativa, cando esta supoña unha considerable dificultade engadida na súa xestión.

A esta circunstancia outorgaráselle unha puntuación de 100 puntos.

3. Circunstancias sobrevidas de difícil previsión que dificultaron a evolución dun ou varios dos indicadores establecidos na matriz de resultados.

A esta circunstancia outorgaráselle unha puntuación de 100 puntos.

A aplicación destes factores ou circunstancias realizarase, en todo caso, tomando como base a proposta inicial presentada no seu informe pola Inspección Xeral de Servicios, ou a que posteriormente realice á vista das alegacións realizadas pola unidade.

A táboa de cualificacións, de acordo co establecido no artigo 7.4º do decreto, será a que figura no anexo I desta orde.

Oitavo.-Para a validez dos acordos da comisión será necesaria a presencia de, alomenos, a metade máis un dos seus membros.

Noveno.-As decisións, unha vez establecida a posición das distintas partes, tomaranse pola maioría dos votos dos membros asistentes, excluídas as abstencións. Os empates poderán ser resoltos mediante o voto de calidade do presidente da comisión.

Décimo.-De tódalas reunións da comisión o seu secretario elaborará unha acta cos acordos adoptados.

Décimo primeiro.-As cualificacións e as recomendacións acordadas pola comisión serán remitidas polo seu secretario ó responsable da unidade.

Décimo segundo.-A Inspección Xeral de Servicios gardará no seu poder os expedientes coa documentación correspondente ós acordos e actuacións administrativas de cada comisión de avaliación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Táboa de cualificacións do programa de avaliación do rendemento da Xunta de Galicia

NormativaNivelGraoValor obtido

Superior

901-1000

1

Inferior

801-900

Artigo 63.bis da Lei da función pública de Galicia

Superior

701-800

2

Inferior

601-700

Superior

501-600

3

Inferior

401-500

Artigo 7.4 do Decreto 115/1997, do 2 de maio

Superior

301-400

4

Inferior

201-300

Superior

101-200

5

Inferior

0-100

10146