Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de novembro de 1997 pola que se adxudican axudas económicas para o curso 1997-1998 a unidades que esolaricen alumnos de educacion infantil de 4 ou 5 anos en centros docentes privados.

Por Resolución do 21 de xullo de 1997 (DOG do 12 de agosto) resolveuse provisionalmente a convocatoria de axudas económicas para o curso 1997-1998 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 ou 5 anos en centros docentes privados.

Tendo en conta o establedcido nos puntos décimo terceiro e décimo cuarto da Orde do 26 de marzo de 1997 (DOG do 16 de abril), procede, en consecuencia, resolver definitivamente a devandita convocatoria de axudas económicas, unha vez cumpridos tódolos trámites previstos na dita orde.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlles axuda económica, para o curso 1997-1998, ós centros docentes privados que se indican no anexo da presente orde para subvenciona-las unidades de educación infantil de 4 e 5 anos que nel se detallan.

Segundo.-De acordo co establecido nos artigos 109 e 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a presente resolución esgota a vía administrativa polo que, contra ela, poderá interporse recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e logo da comunicación previa a esta consellería da súa interposición.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

97-10120