Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle de Roade, na Avda. da Atlántida (expediente 3201/411).

O Pleno do Concello de Vigo acordou, en sesión celebrada o día 17 de novembro de 1997, aprobar definitivamente o estudio de detalle Roade, na Avda. da Atlántida, presentado por Fernando Pujales Estévez, e redactado polo arquitecto Leopoldo Salceda Alvite, consonte o informe e demais documentación que consta no expediente administrativo e nos mesmos termos da súa aprobación inicial.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e inte

resados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 27 de novembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

9952