Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 133.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co artigo 102.4º da mesma lei, faise público que por resolución da alcaldía do 16 de decembro de 1997 foron aprobados inicialmente os estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación do Polígono Urbanístico sito entre a Praza de España e rúa Buenos Aires desta vila.

As persoas interesadas disporán dun prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio para examina-lo expediente nas oficinas municipais e, se é o caso, presenta-las reclamacións ou alegacións que consideren convenientes.

Ribadeo, 16 de decembro de 1997.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

9842