Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO.

Polo presente anuncio poño en coñecemento de tódolos interesados que, na sesión extraordinaria celebrada pola Comisión de Goberno, con data do 28 de novembro de 1997, se aprobou provisionalmente o estudio de detalle do soar da rúa 13 de setembro, sito na Vila de Porto do Son.

O que se participa para que, no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, poida examinarse o expediente incoado na Secretaría deste concello, de 9 a 14 horas, para a presentación das alegacións que procedan.

Porto do Son, 5 de decembro de 1997.

O alcalde Acctal.

Rubricado

10277