Contratación por concurso restrinxido do proxecto de imaxe e comunicación global para o Patronato Provincial de Turismo Rías Baixas.
1. Entidade adxudicadora: Patronato Provincial de Turismo Rías Baixas.
2. Obxecto do contrato: asistencia para o asesoramento técnico en marketing estratéxico e desenvolvemento do proxecto de imaxe e comunicación global.
3. Prazo de execución: catro meses.
4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: tramitación urxente, procedemento restrinxido e forma concurso.
5. Orzamento: primeira fase, 7.000.000 de ptas.; segunda fase, 3.000.000 de ptas. Ámbalas dúas con IVE incluído.
6. Garantía provisional: 200.000 ptas.
7. Garantía definitiva: 4% do prezo do contrato.
8. Requisitos específicos do contratista: acerdita-la solvencia económica, financeira e técnica ou profesional previstas na LCAP.
9. Presentación de solicitudes de participación no procedemento restrinxido: no prazo de 15 días naturais seguinte ó da publicación do anuncio de participación no BOP e no Diario Oficial de Galicia, coa documentación esixida na cláusula 11 do prego de condicións, no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra.
10. Presentación de proposicións por participantes seleccionados: no prazo de 10 días naturais seguintes ó da recepción de invitacións de participación no concurso.
11. Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 13 horas do día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.
12. Obtención de documentación e información: na Secretaría do Patronato Provincial de Turismo Rías Baixas. Teléfono (986) 80 41 08. Fax (986) 80 41 24.
Pontevedra, 4 de decembro de 1997.
O presidente
Rubricado
10384